Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Multitudes

Multitudes

María Reimóndez

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 216 páginas Año 2023
19,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós.

Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse.

Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado.

Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
Formato
Tapa blanda
Páginas
216
Año
2023
Idioma
Gallego
ISBN
9788411102339
¿Alguna duda? Contáctanos