Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Detective Ferruchi

Detective Ferruchi

Marta Villar

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 480 páginas Año 2024
22,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais.

A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión.

Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica.

«Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
480
Año
2024
Idioma
Gallego
ISBN
9788411105910
¿Alguna duda? Contáctanos