A falsa autónoma
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castaño, «A falsa autónoma» solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de débeda, obediencia e autoexplotación dun xeito transcendente.
Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun campo cultural tan inzado de clarescuros.
Unha voz, quer sarcástica, quer autocrítica, desesperada ou rabiosa, profundamente política, pon o foco na maquinaria á vez insaciable e degradante do capital, deixando ver que o mandato económico é, á fin e ao cabo, un mandato de miseria.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 64
- Año
- 2025
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411105996
¿Qué libro buscas?
