21 días de Arnela
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Arnela, unha adolescente activista vegana, é internada nun centro de protección tras unha acción nunha cadea de hamburguesas. Durante vinte e un días, afronta a adaptación ás normas do centro, as relacións con outros residentes e a difícil reconstrución do vínculo materno.
As relacións con compañeiros como Briana, Charity e especialmente Ronin -un mozo trans con quen establece unha conexión especial- serven de espello para o autocoñecemento e a súa evolución emocional.
Escrita a xeito de diario, «21 días de Arnela» é unha historia de transformación, esperanza e aprendizaxe, que convida a reflexionar sobre os desafíos da adolescencia, a convivencia e a capacidade de atopar luz mesmo nos momentos máis escuros.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 152
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411107952
Sobre Adelaida Vidal Vizcaya
Adelaida Vidal (A Coruña, 1986) é titulada superior en Arte Dramática, graduada en Psicoloxía e técnica de protección á infancia e á adolescencia.
No ano 2011 gañou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria coa novela «Olladas», e en 2023 o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade con «E que vai ser»?
Con «21 días de Arnela» (Xerais, 2026) quedou finalista do XVII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2025.
¿Qué libro buscas?
