Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
O derradeiro gimlet

O derradeiro gimlet

Diego Ameixeiras

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 176 páginas Año 2026
18,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, mentres o inverno insiste en recruar con intensidade.

Todo vai ben durante os primeiros días. Amador esfórzase por manter unha rutina ordenada, goza da soidade correndo pola praia e revisa os erros cometidos no pasado. Pensa que axiña regresará á cidade convertido nun policía distinto, a salvo dos seus impulsos. Pero as cousas cambian cando coñece a Lola e Ismael, dous enigmáticos habitantes da zona, que o arrastrarán a tomar unha decisión insospeitada.

Con homenaxes ao fatalismo de James M. Cain e ao romanticismo de Charles Williams, «O derradeiro gimlet» presenta unha historia onde se entrecuzan crime, desexo e amoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con aromas de «noir» clásico e guiada pola mellor tradición do xénero.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
176
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411108614
¿Alguna duda? Contáctanos