A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Tomás Cuesta ofrece neste libro un percorrido rigoroso e apaixonado polas vidas, estilos e achegas dalgúns dos protagonistas que marcaron a identidade sonora de Galicia. A obra parte dunha anécdota internacional para reivindicar o valor universal da música tradicional do noso país.
A través de relatos biográficos, acompañados da forza icónica das ilustracións, Cuesta explora a música tradicional galega dende a transmisión oral e a vida rural ata a chegada das gravacións e a modernidade, reflexionando sobre o equilibrio entre tradición e innovación.
Con vocación divulgativa e coa intención de animar á escoita activa, o libro presenta a música tradicional galega como unha memoria viva: un patrimonio colectivo, forxado pola necesidade e a creatividade, sempre en diálogo co seu tempo e aberto á reinterpretación no futuro.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES
- Formato
- Tapa dura
- Páginas
- 168
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411108775
Sobre Tomás Cuesta
Tomás Cuesta González (Meira, 1989) é mestre de escola e debuxante. Pasou os seus primeiros anos de vida xogando feliz á sombra do antigo mosteiro da súa vila natal. De rapaz, trasladaríase á Coruña e pasaría polas aulas do IES Eusebio da Guarda, experiencia que garda como un amuleto contra a vulgaridade. O maxisterio permítelle espallar entre o alumnado miúdo as súas inquedanzas culturais e artísticas.
É un debuxante autodidacta e un «escoitador» obsesivo de música. Dúas paixóns, o debuxo e a música, que converxeron na publicación do seu primeiro libro: «A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega» (Xerais, 2026). Pódese seguir o autor nas súas redes sociais (@tomas_cue).
¿Qué libro buscas?
