Galicia e Portugal irmandade e fronteira
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Este ensaio, nunha primeira versión en lingua portuguesa, tiña como horizonte establecer un diálogo coa historia e coa cultura portuguesas, feito en claves galegas, pero non desconectadas da cerna histórica de Portugal; pero tamén como unha mirada ao futuro que permita entender que Galicia e Portugal poderán alcanzar unha nova dimensión institucional e un importante peso rexional no cadro da Unión Europea, aproveitando as vantaxes das políticas transfronteirizas.
Os contidos básicos daquel ensaio publícanse agora nesta editorial, con algunhas revisións e engadidos para o lector galego. O libro é unha aposta por contribuír ao diálogo intelectual entre Galicia e Portugal, como fixeron moitos dos nosos devanceiros, desde a maioría dos membros da xeración Nós, con Vicente Risco de cabezaleiro daquela estratexia, ata a xeración Galaxia, nomeadamente por parte de Ramón Piñeiro e Fernández del Riego, que encontraron excelentes interlocutores alén Miño e mantiveron aceso ese diálogo durante moitos anos.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Ensaio 120
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 140
- Año
- 2023
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411760539
¿Qué libro buscas?
