A biblioteca galactica contra a ia fantastica
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Ataúlfo, o rato que coida da Biblioteca Galáctica, descobre que unha ameaza se torna sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis. Nunha loita contra o reloxo, o rato bibliotecario, Ramón Lamote e Sara deberán loitar contra o malvado profesor Smith e a súa IA fantástica para liberar os seus amigos Toribio, Espantallo Amigo e Lobo Namorado da súa maléfica influencia.
Detalles del libro
- Editorial
- GALAXIA EDITORIAL
- Colección
- ARBORE 275
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 132
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411763622
Sobre Carlos Labraña
Carlos Labraña é un dramaturgo especializado en teatro para nenas e nenos. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Da súa traxectoria literaria, pódense salientar: O valo, sobre o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada, comedia ácida á crise económica (Premio de Teatro na Gala do Libro, 2017), O Apalpador, sobre o personaxe central do Nadal galego; Estrelecer, peza de misterio con reivindicación feminista (Lecturas dramatizadas da SGAE), Contra o reloxo, que fala do tempo e da perda (Premio Martín Sarmiento, 2023), Estrela...
Fugaz?, sobre a identidade de xénero, e Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), texto para a recuperación da memoria histórica democrática. En 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súa facetas como actor e director
¿Qué libro buscas?
