Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
As bocas cosidas

As bocas cosidas

Marilar Aleixandre

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 340 páginas Año 2025
24,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas.

A partir destes silencios, a novela reconstrúe a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, “desbridando a cicatriz”, a través da documentación e mediante a imaxinación, desde a adolescencia en Doña Mencía (Córdoba), á participación nos Fillos da Noite ¬—partisanos entre 1936 e 1939—, aos campos de concentración e á guerra despois da guerra. As feridas herdadas entretécense coas colectivas, as penurias dos xornaleiros, a fame, a represión.

Unha obra onde a prosa de Marilar Aleixandre, co seu lirismo contido, ten a capacidade de dar voz aos ecos do pasado, nunha atmosfera impregnada do peso do silencio e da memoria.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Literaria 517
Formato
Tapa blanda
Páginas
340
Año
2025
Idioma
Gallego
ISBN
9788411764162
Sobre Marilar Aleixandre

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é feminista, narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Posuidora dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega. Desenvolveu un extenso labor académico na Universidade de Santiago de Compostela, onde centrou a súa investigación na argumentación e no pensamento crítico.

Editorial Galaxia publicou o libro Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017), A filla do minotauro (2018, Premio Raíña Lupa) e Castelao segundo rañolas (2ª ed. 2025); na colección Literaria, A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998, Premio Álvaro Cunqueiro) e As malas mulleres (2020, Premio Eduardo Blanco Amor 2020 e Premio Nacional de Narrativa); e na colección Feminismos, Movendo os marcos do patriarcado.

O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021), xunto con María López Sández; así como Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo, con Emma Pedreira (2022).

¿Alguna duda? Contáctanos