Comandantes e familiares. Mayimbes II
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado “imprescindible” polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La Galle.
Tamén o é para a irmá díscola do Castro Ruz, Juanita. Vive con privilexios na barafunda da revolución triunfante; mais nunca esquece Nova York, capital do mundo.
Comandantes e familiares é a continuación de A capital do mundo, nova entrega das novelas de Xavier Alcalá baseadas na epopea da emigración. Escrita man a man coa realidade histórica, documentada, antecede a Tempo de fugas dentro da Triloxía dos Mayimbes.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Biblioteca Xavier Alcalá 3
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 358
- Año
- 2025
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411764803
¿Qué libro buscas?
