A ditadura portuguesa contra Castelao
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
En 1969 estoura a Crise Académica en Coímbra, que enfronta a estudantes coa ditadura. Meses antes, o director catalán, Ricard Salvat, chegara á cidade universitaria coa tarefa de dirixir o grupo de teatro CITAC.
Comezou entón un traballo que mesturaría as teorías de Bertolt Brecht coa figura de Castelao e a arte de Seoane e Díaz Pardo, nun ambiente tenso, onde a ditadura acabaría por prohibir un espectáculo que pasou a pensarse perdido para sempre.
Recuperamos, nestas páxinas, a historia do acontecido.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Memoria 56
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 206
- Año
- 2025
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411764834
Sobre Antonio Iglesias Mira
Antonio Iglesias Mira (A Coruña, 1980) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña e en Estudos Artísticos pola Universidade de Coímbra, mestre en Comunicación, Cultura e Artes pola Universidade do Algarve e doutor pola Universitat de Barcelona. Actualmente é profesor no ensino público.
¿Qué libro buscas?
