A nena que perdeu un zapato na lama
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Este é un libro pouco ortodoxo, talvez como era a propia Begoña Caamaño, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Éo, porque nestas páxinas aparece a voz de Morgana, que nos revela os anos da infancia da escritora que tanto influíron nela, período de formación onde o barrio do Calvario ocupa un lugar primordial a través da súa historia, das súas xentes e dos acontecementos máis importantes que deixaron pegada nas súas rúas.
Un libro onde se mestura a memoria, a biografía, a historia e a ficción, que se brinda como unha oportunidade para reconstruír, e reivindicar, os primeiros anos de Begoña Caamaño. Se como Rilke afirmaba que na infancia está a patria das persoas, aquí desvélanse as claves da protagonista das Letras Galegas 2026, navegando por ese ronsel de talento e amor que deixou nas persoas que tratou.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Xohán Ledo 5
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 72
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411765473
Sobre Ramón Nicolás
Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor no IES Castelao (Vigo). Comezou a escribir crítica literaria en 1990, xénero que segue a cultivar na actualidade. É padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e, desde 2021, membro correspondente da Real Academia Galega. Forma parte da Asociación Galega da Crítica desde a súa fundación. Tamén é membro da Asociación Española de Críticos Literarios (AECL).
Colaborou en diversos medios escritos e audiovisuais e faino na actualidade no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e no seu blog literario Caderno da crítica. Publicou as novelas O espello do mundo (2016) e Lapis na noite (2018), e os libros de ensaio Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (2012), Chorimas para Celso Emilio Ferreiro. Un memorial (1979-2019) (2020) e Francisco Fernández del Riego. Un obreiro do galeguismo (2022).
¿Qué libro buscas?
