Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Iceberg

Iceberg

Carlos Labraña

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 110 páginas Año 2026
12,80 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

No Polo Norte escasea a comida, polo que Osa Nai ten que ir lonxe para atopala, así que deixa a súa cría ao coidado dun humano amigo, Inuk. Pero o bloque de xeo onde está o iglú de Inuk é tan fino que acaba por escachar e navegan á deriva.

No iceberg, Osiño e Inuk vivirán moitas aventuras e coñecerán todo tipo de xentes, mais os dous só soñan con poder regresar.

Serán quen de conseguilo?

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Árbore 281
Formato
Tapa blanda
Páginas
110
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411765541
Sobre Carlos Labraña

Carlos Labraña é un dramaturgo especializado no teatro para a infancia. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Dentro da súa traxectoria podemos salientar: O valo, que trata o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Premio Follas Novas, 2017), comedia ácida sobre a crise económica; O Apalpador, que conta a historia do personaxe central do Nadal galego; Contra o reloxo (Premio Martín Sarmiento, 2023), peza que trata do tempo e da perda; Estrela...

Fugaz?, sobre a identidade de xénero; Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), un texto para a recuperación da memoria histórica democrática e Ícaras, que incide sobre o problema actual da vivenda. En 2025 publicou a súa primeira novela: A Biblioteca Galáctica contra a IA fantástica, escrita para celebrar o 75 aniversario de Editorial Galaxia.

¿Alguna duda? Contáctanos