Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Trinta anos de poesía crítica (1936-1966). Estudo e escolma

Trinta anos de poesía crítica (1936-1966). Estudo e escolma

Xesús Alonso Montero

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 240 páginas Año 2026
15,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos “e outros letraferidos”, entendan unha das estratexias das que se servía o franquismo para controlar e manexar ideoloxicamente a sociedade española.

Unha compilación heteroxénea que vai de finais do século XIX ata o segundo terzo da década de 1960, onde as voces cunha maior representatividade son aquelas que o canon histórico da poesía reivindicativa ou crítica situou no seu xusto lugar.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Letras galegas clásicos 23
Formato
Tapa blanda
Páginas
240
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411765800
Sobre Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928-2026), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue variados campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio.

Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Curros Enríquez no franquismo (1936-1971) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2007), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009), Aníbal Otero.

Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012), Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022) e Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego. Dezaseis leccións (Galaxia, 2025).

¿Alguna duda? Contáctanos