Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Fontenla Leal. A Galicia pensada

Fontenla Leal. A Galicia pensada

Jaime López Fernández; Sixto Gómez Echemendía

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 260 páginas Año 2026
24,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros.

Bandeira, Himno, Academia… débense, en boa medida, á súa iniciativa persoal, conseguindo limar asperezas e xuntar vontades, en proveito da súa terra.

Esta biografía exhuma documentos inéditos, como o prototipo da primeira bandeira galega, aborda as relacións que mantivo con persoeiros como Murguía, Curros Enríquez, Cabanillas e Villar Ponte, e achega datos relevantes sobre un personaxe que hai ben tempo merecía ser estudado.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Memoria 61
Formato
Tapa blanda
Páginas
260
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411765855
Sobre Jaime López Fernández; Sixto Gómez Echemendía

Jaime López Fernández (A Coruña, 1942). Presidente do Real Coro Toxos e Froles en dúas etapas e concelleiro do Concello de Ferrol, é autor de traballos ao redor dos coros galegos, como a recuperación dos discos Romaxe galega (1922) e Estampas coruñesas (1921-1928), de Toxos e Froles e Cántigas da Terra, respectivamente. Apaixonado da figura de Fontenla Leal, estudou o personaxe ao longo de máis de cincuenta anos.

Sixto Gómez Echemendía (Ciego de Ávila, 1986). Licenciado en Linguas Estranxeiras pola Universidade da Habana e profesor de Ensino Medio en Galicia na especialidade de francés, coordinou o Obradoiro de Cultura Galega Xosé Fontenla Leal entre 2008 e 2012. Deu ao prelo Vidas grabadas en la piedra (Vigo, 2011) e é coautor de Chané. O nacemento da música popular galega (Santiago de Compostela, 2017).

¿Alguna duda? Contáctanos