Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Historia dun neno

Historia dun neno

Ramón Otero Pedrayo

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 54 páginas Año 2026
10,20 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

A Historia dun neno conta os primeiros anos de vida do escritor Ramón Otero Pedrayo, desde o seu nacemento ata o ingreso no instituto. Recolle simpáticas lembranzas dos amigos da infancia, da casa familiar de Ourense, das primeiras experiencias na escola e das visitas á aldea de Trasalba.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Árbore 283
Formato
Tapa blanda
Páginas
54
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411765879
Sobre Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai desde as cortes republicanas, en que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte.

Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografía na Universidade de Santiago. Otero foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, desde a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio.

Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.

¿Alguna duda? Contáctanos