Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Portada no disponible: Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño

Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño

Ana Romaní; María Xesús Nogueira

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 244 páginas Año 2026
15,40 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos “unha” biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa visión dos medios de comunicación.

Este é, pois, un exercicio de reconstrución colectivo desde a confianza e a complicidade, co apoio imprescindible da rede de relacións que a escritora e xornalista xerou na súa vida, escrito a catro mans polas que foron amigas súas, a través de desemellantes memorias que configuran unha visión de conxunto.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Letras galegas clásicos 24
Formato
Tapa blanda
Páginas
244
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411765893
Sobre Ana Romaní; María Xesús Nogueira

Ana Romaní (Noia, 1962) é xornalista e poeta. O seu labor como directora durante décadas do programa Diario Cultural, da Radio Galega, foi recoñecido co Premio Nacional de Xornalismo Cultural en 2018. Como poeta é dona dunha voz singular que se plasmou en libros como Arden (1998), Love me tener (2005), Estremas (Galaxia, 2010) e A desvértebra (2020). É membro da Real Academia Galega.

María Xesús Nogueira (Berres, A Estrada, 1968) é profesora de Literatura Galega da USC e crítica literaria. Desde hai anos vén ocupándose da poesía galega contemporánea en libros como 13. Antoloxía da poesía galega próxima (2017) e Xela Arias. Poesía reunida (2018), entre outros, e profundando na relación entre os procesos de creación literaria e o xénero.

¿Alguna duda? Contáctanos