Do baile da gaita á muiñeira
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Julio Alonso ofrécenos un estudo da muiñeira, froito da súa tese de doutoramento, dentro do contexto global que propicia a súa conformación como elemento simbólico de carácter identitario, desde a aparición das primeiras fontes escritas ata a súa consolidación como xenuína representante da música galega.
Neste pormenorizado traballo analízanse os mecanismos que levaron á consolidación da muiñeira como símbolo identitario de Galicia, partindo do seu antecedente inmediato, “o baile da gaita”, nome co que se coñecía na súa difusión pola Península Ibérica durante o século XVII.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Ensaio 145
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 308
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411765916
Sobre Julio Alonso
Julio Alonso Monteagudo (Redondela, 1969) chega ás aulas do conservatorio na súa mocidade, na procura das notas folk da frauta traveseira, e sen sospeitar que a súa querenza por aqueles grupos liderados por Milladoiro o estaban a pór no camiño do seu futuro profesional.
Licenciado en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo e doutor en Filosofía pola de Santiago de Compostela, exerce como profesor no departamento de Musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo desde 2006; poñendo toda a súa paixón e esforzo na formación dos investigadores do futuro.
¿Qué libro buscas?
