Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
A muller de mentira (Premio García Barros 2026)

A muller de mentira (Premio García Barros 2026)

Iria Collazo López

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 122 páginas Año 2026
16,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Premio García Barros 2026

Sempre fun transparente. As miradas atravésanme: non existo. Nunca ninguén me tomou en serio. O meu tempo de comprender chegou tarde, coma se a miña vida anterior fose un ensaio; un simulacro que me preparase para o derrubamento que me esmagou despois. A xente non me cre, non resulto verosímil. Son un animal imaxinario; un personaxe de conto; unha muller de mentira.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Literaria 535
Formato
Tapa blanda
Páginas
122
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411765978
Sobre Iria Collazo López

Iria Collazo López naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo desde os sete anos. As historias que lle contaron, que vive e que respira nestes dous lugares, impregnan boa parte do que escribe. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario.

"Coma unha áncora" foi a súa primeira obra literaria publicada. A segunda chegou en 2016, "A soidade das medusas", un conxunto de relatos enlazados, que foi traducida ao francés en 2018 co título de "La solitude des méduses", e ao portugués do Brasil en 2019. Ambas as obras están publicadas na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia.

En 2019 acadou o II Premio de Poesía Torre da Caldaloba, con "De casa queimada", publicado en 2020, e en 2024 deu ao prelo "Os mortos que amei", na colección Literaria de Editorial Galaxia. En 2021 recibiu a I Bolsa Intercambio Xacobeo con Tbilisi, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Residencia Literaria 1863.

¿Alguna duda? Contáctanos