Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Andrés do Barro. A xénese do pop en galego

Andrés do Barro. A xénese do pop en galego

Fernando Fernández Rego

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 260 páginas Año 2026
31,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Fernando Fernández Rego achéganos á intensa vida de Andrés do Barro, marcada polo éxito e o baleiro que este trouxo consigo, así como aos tempos convulsos que lle tocou vivir, de par que nos ofrece un retrato da Galicia da época, das primeiras formacións beat, do Movemento Popular da Canción Galega e da censura que operaba nas emisoras que emitían cancións en galego, catalán e éuscaro.

Un percorrido para coñecer a figura do cantante ferrolán, que deu prioridade ao seu amor pola terra e a xente, e que hoxe se reivindica pola súa modernidade e o labor pioneiro na fusión da música popular co pop.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Reportaxe 38
Formato
Tapa blanda
Páginas
260
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411765992
Sobre Fernando Fernández Rego

FERNANDO FERNÁNDEZ REGO (Ferrol, 1979) é licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais, é administrador da web musical LaFonoteca.net, coordinador da sección de música da revista Grial, escribe para Mondosonoro e Rockdelux e colabora con múltiples plataformas, tanto dixitais coma impresas.

Publicou a novela Desorden (2009) —un tratado de existencialismo pospunk—, abarcou o relato e a poesía en Blues from a gun: secuencias interiores (2011), publicou ensaios como Unha historia da música en Galicia 1952-2018 (Galaxia, 2019), o libro-CD 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010) e Galicia en clips (2012), este último xunto a Pablo Portero, e Anos 80.

Movida, atlantismo, vangardismo e underground (Galaxia, 2024); e biografías, como a da banda de Lugo Los Contentos, Cuando ríes. Los Contentos (unos malditos pioneros del garage) (2014, xunto a Piti Sanz, Andrés do Barro. Saudade (2015) e Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo (Galaxia, 2022). Tamén comisionou exposicións como Andrés do Barro: pop, saudade e memoria.

Unha ollada dende Ferrolterra” (2021) e Ferrol underground 1985-2021 (2021). Xunto a Sergio Sequeiro (Carrero Bianco, Chicharrón, TechnoChico) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.

¿Alguna duda? Contáctanos