Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
A lingua estranxeira

A lingua estranxeira

Brais Lamela

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 300 páginas Año 2026
22,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.

Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro decimonónico que rexistra os albores dunha sociedade en cartas alén mar, unha parella que se le libros en alto para non mirar o que se aproxima e, como un coro subterráneo, un grupo de figuras espoliadas que esixen retornar.

A medio camiño entre a crónica íntima e a novela histórica, pero sempre ancorada no noso precario presente político, A lingua estranxeira é unha novela sobre a arte e a restitución, sobre a sombra alongada da violencia colonial, sobre a linguaxe como forma de arruinar e recompoñer mundos. Unha obra polifónica e valente, sostida mediante a alternancia de catro liñas narrativas, que mestura tradicións para erixir, nas fronteiras da literatura, o país impuro dos sen-nome.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Literaria 537
Formato
Tapa blanda
Páginas
300
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411766074
Sobre Brais Lamela

Brais Lamela (Vilalba, 1994) estudou Literatura Comparada na Universidade de Brown (Rhode Island, EUA), grazas a unha bolsa de estudos. A súa primeira novela, Ninguén queda (2022), acadou o Premio da Crítica en Lingua Galega e o Premio El Ojo Crítico de RNE á mellor obra de narrativa escrita por un autor español menor de corenta anos. A lingua estranxeira é a súa segunda novela.

¿Alguna duda? Contáctanos