Lovers
María Xosé Porteiro; Alberto Avendaño
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros… e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias.
Nunha xeografía de peripecias vitais que abrangue Vigo, Santiago de Compostela, Amsterdam, Buenos Aires, Nova York, Milán, Londres e Washington, estes amantes-lovers permiten que entremos neles para compartir con nós moita risa intanxible, adeuses esgazadores e as conclusións inevitablemente certeiras de quen se arriscan a vivir a vida co corazón nas mans.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Literaria 538
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 172
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411766081
Sobre María Xosé Porteiro; Alberto Avendaño
María Xosé Porteiro (Madrid, 1952). Xornalista e escritora, ocupou varios cargos de responsabilidade no Concello de Vigo, foi deputada no Parlamento galego e no español, dirixiu as delegacións da Xunta na Arxentina e O Uruguai (2007-2009) e creou o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.
Adxunta á Valedora do Pobo (2019-2026), publicou ensaio, biografías e narrativa, e entre as súas obras destacan Covardes (2001), Sándalo (Galaxia, 2019), Tabiba (2023) e As benfaladas (Galaxia, 2024), entre outras.
Alberto Avendaño (Vigo, 1957) é escritor e xornalista. Formou parte do Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983) e traballou para a RTVG e o CDG, antes de emigrar aos Estados Unidos, onde a súa obra se recolle en publicacións da Academia Norteamericana da Lingua Española. Publicou os poemarios Que hostia din os rumorosos? (2021) e CAOSMOS (2022), con Antón Patiño.
Autor de literatura infantil, teatro e tradutor, recibiu os recoñecementos máis importantes da prensa hispana dos Estados Unidos, así como tres Premios Emmy da Academia da TV estadounidense. En Editorial Galaxia, ademais de libros infantís, publicou Maasai (2022).
¿Qué libro buscas?
