Cerebro en modo ON
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
O que ninguén che contou sobre o cerebro: as emocións, a aprendizaxe, a memoria, os soños ou a saúde mental.
Como coidar o cerebro e como fortalecelo.
Un libro que pretende explicar o cerebro para a cativada; é iso posible? poden nenos e adolescentes entender a segreda andamiaxe onde nace a mente? Por suposto que si!
Sonia Villapol constrúe unha obra que combina rigor científico e linguaxe accesible, tendendo unha ponte entre a ciencia e a educación para que comprendamos como se forma o cerebro, un órgano extraordinariamente poderoso que fai posibles os nosos complexos comportamentos, pensamentos e accións.
A neurociencia, como aquí se amosa, ensínanos que o cerebro se vai esculpindo con cada experiencia: co apoio, coa emoción compartida, coa seguridade e cos hábitos de vida, e, nesta liña, a autora incorpora unha visión actual e necesaria do eixe cerebro-intestino-microbiota, froito das súas investigacións.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Lanterna de Aristóteles 6
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 112
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411766098
Sobre Sonia Villapol Salgado
Sonia Villapol Salgado (Bretoña, 1977) é neurocientífica no Texas Medical Center de Houston e profesora na Universidade de Weill Cornell, en Nova York. Doutora en Neurociencia pola Universidade Autónoma de Barcelona, nas súas liñas de traballo investiga o impacto da microbiota no cerebro, a nanomedicina en enfermidades neurolóxicas (alzhéimer, ictus, traumatismos cranioencefálicos) e os efectos da Covid persistente.
Publicou máis dun cento de artigos científicos e é autora do libro ConSciencia. A ciencia que nos rescatou da pandemia (2023).
¿Qué libro buscas?
