O consello de Galiza. Política galega no exilio
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os tempos da Guerra Civil ata a morte de Franco e os primeiros pasos do réxime de preautonomía.
Ramón Villares afonda neste tema ante a necesidade de completar unha parte salientable da historia política da Galicia do século XX coas voces e as accións dos exiliados. Un relato que atende á historia interna de Galicia, pero que se esforza por lle dar un enfoque comparado, tal como a propia temática esixe e, ao tempo, analizar o esforzo dos exiliados para colocar a causa política galega nunha dimensión internacional.
Detalles del libro
- Editorial
- Editorial Galaxia, S.A.
- Colección
- Ensaio 148
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 556
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411766111
Sobre Ramón Villares
Ramón Villares (Xermade, 1951) é catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, institución da que foi decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e reitor magnífico (1990-1994). Membro numerario da Real Academia Galega (2006), foi presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), así como membro fundador e presidente (1996--2002) da Asociación Española de Historia Contemporánea.
Tamén é doutor honoris causa polas Universidades de Buenos Aires, Minho e Rennes-2. Autor de numerosos libros e artigos, entre as publicacións máis recentes salientan: Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina (2011), Identidade e afectos patrios (2017), Fuga e retorno de Adrián Solovio.
Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista (2007, 2018), Galicia, una nación entre dos mundos (2019), Exilio republicano e pluralismo nacional. España, 1936-1982 (2021), Cultura e política na Galicia do século XX (2021) e Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira (2023). Con Josep Fontana codirixiu a obra en doce volumes Historia de España (2007-2017).
Tamén é autor de Historia de Galicia (2004, 2016), con varias reimpresións e versións en castelán (2014), portugués (2016) e francés (2019).
¿Qué libro buscas?
