Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Miniaturas e outras dimensións

Miniaturas e outras dimensións

Xosé María Álvarez Cáccamo

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 136 páginas Año 2026
16,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos máis extensos do apartado “Outras dimensións”. O tempo comprimido das “Miniaturas” expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida historia dun teimoso dinosauro inextinguible.

Reincidentes pesadelos sufridos polo autor transformáronse no discurso das “Outras dimensións”, termo que fai referencia tanto á maior extensión dos relatos como á perspectiva onírica que os dirixe e que quere transmitir, por exemplo, a angustia provocada polo hábito da impuntualidade incontrolable —que o autor non practica, aínda que a sufra en soños—, pola obriga de regresar ás aulas da universidade como estudante ou ás do instituto como profesor en tempos de pletórico estado de xubilación.

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Literaria 539
Formato
Tapa blanda
Páginas
136
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411766166
Sobre Xosé María Álvarez Cáccamo

Xosé María Álvarez Cáccamo Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) é poeta, narrador, crítico literario e autor de biografías, libros de memorias, literatura infantil e poesía visual e obxectual. A súa obra poética —arredor de vinte libros— reuniuse en Ancoradoiro (2003) e foi seleccionada nas escolmas Habitación del mar (2004) e Cuatro décadas (2025) —ambas as dúas en edición bilingüe galego-castelán— e en De sombras e poemas que son casas (2010).

A liña da vida (2023) é o seu libro de poemas de máis recente publicación. Ademais dos destinados ao público infantil, publicou os libros de relatos Microtopofanías (1992), A luz dos desnortados (1996) e a novela As últimas galerías, publicada por Editorial Galaxia en 2015.

¿Alguna duda? Contáctanos