Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
A arte de non morrer (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025). Antropoloxía da lonxevidade galega

A arte de non morrer (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025). Antropoloxía da lonxevidade galega

Roberto Fernández Álvarez

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Editorial Galaxia, S.A. 238 páginas Año 2026
23,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Galiza é unha das zonas do mundo con máis persoas centenarias que gozan dunha lonxevidade saudable. Para saber o porqué, en A arte de non morrer vaise na procura da evidencia científica, pero non abonda. É preciso sentarse a carón dos maiores e contemplar sen présa o lume lento das súas palabras; só así entenderemos como as claves culturais condicionan de forma determinante as claves biolóxicas.

O valor da laboriosidade, o adestramento na resiliencia, a teoría do metasentidiño, o modelo saudade-festa e outros factores que se desenvolven no libro tratan de explicar, en termos de ciencia, o que para os nosos lonxevos foi unha práctica cultural, case unha arte: a arte de non morrer.

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2026

Detalles del libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Colección
Ensaio 149
Formato
Tapa blanda
Páginas
238
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411766180
Sobre Roberto Fernández Álvarez

Roberto Fernández Álvarez (Chantada, 1967) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como médico de familia en Allariz e na residencia xeriátrica de Santa Marta (Ourense) e dirixiu varios proxectos de investigación, entre eles o Banco de Lembranzas, colección de historias de vida de persoas maiores.

Foi investigador principal do estudo Ourensividade sobre o fenómeno das persoas centenarias na provincia de Ourense. É autor do ensaio Enfermos pobres, médicos tristes, sobre a antropoloxía da medicina rural en Galiza, XXI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Como escritor, publicou a obra A inmoral doutora Cons, gañadora do premio Blanco Amor de novela do ano 2022.

¿Alguna duda? Contáctanos