A batalla do futuro. Unha biografia de ramon piñeiro
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega.
Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resistencia antifranquista e cultural e na construción dunha Galicia democrática e autónoma, de par que loitou pola extensión do prestixio e dos usos da lingua de noso, contribuíndo coa súa obra a crear un pensamento galego propio, promovendo a análise da economía do país e impulsando un segundo rexurdimento da literatura galega despois da guerra.
Nesta obra, Beatriz García Turnes ofrece unha biografía actualizada que recolle as novidades e os achados que se foron facendo nos últimos anos ao redor do galeguista de Láncara.
Detalles del libro
- Editorial
- GALAXIA EDITORIAL
- Colección
- GRANDES BIOGRAFIAS 8
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 726
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788411766395
Sobre Beatriz Garcia Turnes
Beatriz García Turnes (Santiago de Compostela, 1973) é doutora en Filoloxía Galega. Escribe desde moi nova e gañou premios como o Repsol de relatos curtos, o Camilo José Cela e o Minerva. A súa primeira novela, Valdamor (Galaxia, 2001), recibiu o Premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É autora das monografías A lingua galega entre 1875 e 1916.
Situación social e consciencia idiomática (2004) e Vida e obra de Ramón Piñeiro (Galaxia, 2009); coautora do Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego (Galaxia, 2001) e do ensaio Antero de Quental e Teófilo Braga e a súa relación coas letras galegas (2016).
Nos últimos anos publicou, entre outras, as obras de narrativa O ouro das lúas (Galaxia, 2018), Esta noite hei de ir a verte (Galaxia, 2021) e A maldición do papiro alexandrino (2024), destinadas ao público xuvenil, así como Comando Sintrom (Galaxia, 2024) para público adulto.
¿Qué libro buscas?
