(G).o misterio do torque de burela
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Tras pasar o verán en Portomarín e resolver o seu misterio, Antón, Sabela, Iria, Carola e o can Venres inician unha nova aventura. No transcurso dunha viaxe fan unha parada técnica en Lugo e son testemuñas directas do roubo do torque de Burela no Museo Provincial. A vila mariñá é o seu destino para as vacacións de Nadal, así que aproveitarán para investigar o sucedido con dúas novas incorporacións ao grupo: os irmáns Manu e Isa.
Acción, humor e compañeirismo, non exentos dalgunha que outra liorta entre detectives, son os ingredientes principais deste novo misterio onde nada é o que parece. Porque, que pasaría se as persoas culpables están moito máis preto do que cren?
Segunda entrega da saga dos Misterios, coa que máis de 30.000 lectoras e lectores xa descubriron as súas habilidades detectivescas!
Detalles del libro
- Editorial
- GALAXIA EDITORIAL
- Colección
- OS MISTERIOS DE ANTIA YAÑEZ 2
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 150
- Año
- 2026
- Idioma
- Español
- ISBN
- 9788411766425
Sobre Antia Yañez
Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira, escritora, docente, lectora empedernida e rabuda, non necesariamente nesa orde. Como narradora comezou escribindo relato curto e deu o salto á novela con O misterio de Portomarín (Galaxia, 2016), o primeiro libro da saga que tes entre as mans, que continúa en O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019).
Para o público infantil e xuvenil tamén publicou as obras Plan de rescate (2020), Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade; a saga distópica Be Water (2019) e Be Water II. Terra (2025); e Bragakadabra (2026), Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil, entre outros. Para o público adulto escribiu Senlleiras (Galaxia, 2018), Non penses nun elefante rosa (2022) e O clan das barbies (2024). As súas obras foron traducidas ao castelán e catalán.
¿Qué libro buscas?
