Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
DOS AFECTOS, O RIO

Dos afectos, o rio

Sofia Ruvira

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial GALAXIA EDITORIAL 204 páginas Año 2026
18,80 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus. Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza.

Pero investigar tamén é aprender a mirar de novo, e hai memorias que, cando se abren, cambian para sempre a maneira en que entendemos os afectos, a familia e a nós mesmas. Dos afectos, o río reflexiona sobre o que herdamos, sobre os silencios familiares e sobre a difícil tarefa de coñecer e recoñecer a verdade cando esta tamén doe.

Porque hai historias que se esquecen e outras que se calan, pero que cando as descubrimos xa non nos permiten mirar para outro lado.

Detalles del libro
Editorial
GALAXIA EDITORIAL
Colección
LITERARIA 541
Formato
Tapa blanda
Páginas
204
Año
2026
Idioma
Gallego
ISBN
9788411766456
Sobre Sofia Ruvira

Sofía Ruvira (Allariz, 1996) é escritora e investigadora. Conta cun mestrado en Filosofía, pola Universidade de Santiago de Compostela e outro en Literaturas Hispánicas e Lusófonas pola Universidade de Yale, onde desenvolve o seu doutoramento. Colaborou en medios de comunicación como Praza Pública e Nós Diario.

O seu traballo artístico, literario e académico recibiu apoio da Fundación Fulbright, a Xunta de Galicia, o Women Faculty Forum e o MacMillan Center. A súa escrita apareceu en revistas como Dorna. Expresión poética Galega, Clara Corbelhe e The Brooklyn Rail, e deu ao prelo Os corpos fráxiles (2024), Canícula (2025) e El arte de traspasar la escritura (2026). Dos afectos, o río é a súa segunda novela.

¿Alguna duda? Contáctanos