Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Correspondencia entre Fermat e Pascal.. Tradución comentada.

Correspondencia entre Fermat e Pascal.. Tradución comentada.

José Nicanor Alonso Álvarez; Miguel Ángel Mirás Calvo; Carmen Quinteiro Sandomingo

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo 63 páginas Año 2024
6,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Esta historia comeza arredor dunha mesa de xogo, na Francia de mediados do século XVII. A mesa na que Antoine Gombaud gasta o tempo xogando aos dados. Adoita apostar a conseguir un dobre seis en 25 oportunidades, pois de tantas partidas sabe que é unha aposta gañadora en máis da metade dos casos.

Curiosamente, para obter un seis cun único dado abonda con catro lanzamentos para ter vantaxe, feito inexplicable considerando as proporcións entre un caso e o outro. Por que 25 e non 24?

Un día, coincide nunha viaxe cun afamado científico, Blaise Pascal, preguntándolle a razón dese fallo na Aritmética. E o aludido comunícalle o asunto a un colega, tamén afeccionado ás matemáticas: Pierre de Fermat.

Ambos resolven o problema independentemente, compartindo os seus descubrimentos por carta. E o que comezou como curiosidade dun xogador impenitente acaba sendo o xerme dunha nova ciencia: a teoría da probabilidade. A explicación do azar mediante as matemáticas. E Pascal, entendendo o alcance do traballo desenvolvido, define este novo saber como a matemática do azar.

Neste texto presentamos a tradución ao galego das cartas conservadas, xunto coas explicacións matemáticas do seu contido. Veremos o carácter e as relacións entre os autores, xunto coas situacións vitais que van atravesando, pois as misivas adoitan conter referencias persoais e históricas.

Saberemos as fórmulas de cortesía de uso obrigado entre autores de ciencia, traballo daquela a cargo maioritariamente de afeccionados. Os xigantes a cuxos ombros se subirían despois Newton e outros para ver máis lonxe.

Detalles del libro
Editorial
Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Colección
Monografías. Serie Científico-Tecnolóxica 31
Formato
Tapa blanda
Páginas
63
Año
2024
Idioma
Gallego
ISBN
9788411880008
¿Alguna duda? Contáctanos