Filla das ondas
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Unha forma diferente de coñecer Pontevedra, a súa historia, as súas lendas e o seu patrimonio, a través do misterio e da aventura.
Froiaz detesta Pontevedra, onde acaba de mudarse coa súa familia. Na noite de San Xoán escoita unha voz que canta cerca da súa xanela: era Mariña, unha nena moi especial con quen percorre a cidade baixo a lúa chea. Ela é capaz de facelo invisible ou transportalo a través do espazo e do tempo para coñecer a historia da cidade e a moitos dos personaxes que a poboaron: Méndez Núñez, Benito Soto, Manuel Quiroga ou Castelao, entre outros. Pero Mariña garda un segredo, debe mollarse a cada pouco con auga salgada se non quere converterse en pedra, porque…
Fina Casalderrey, unha das escritoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega, galardoada co Premio Nacional de Literatura e candidata ao Premio Astrid Lindgren, achéganos a historia e o patrimonio da súa cidade natal dunha forma diferente e a través da mirada de asombro da infancia.
Unha aventura divertida e trepidante, chea de intriga, que convida a locais ou visitantes a percorrer a cidade a través da súa historia. Un álbum que conta coas ilustracións do grande artista plástico Xosé Cobas, que recrean os diferentes espazos urbanos e nos convidan a viaxar no tempo.
Detalles del libro
- Editorial
- Kalandraka Editora
- Colección
- Maremar
- Formato
- Tapa dura
- Páginas
- 64
- Año
- 2024
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788413433431
¿Qué libro buscas?
