Grande e pequena
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Un conmovedor relato sobre a memoria e o paso do tempo.
Natalia nacera e medrara nunha casiña de campo a carón dun bosque. Cando se deu conta de que lle quedara pequena marchou á cidade, onde gozou dunha vida rica e intensa. Pero co paso do tempo a cidade foise facendo máis grande e ela máis pequena, tanto que aos seus noventa anos, decidiu que era hora de volver á casa. Alí, aínda agardaban por ela novas e inesperadas aventuras.
O XVIII Premio Internacional Compostela é unha obra que responde perfectamente ao concepto de álbum ilustrado, onde o texto e a ilustración se complementan de forma harmónica. Trátase dunha historia cun sutil fondo poético e de múltiples lecturas, na que Arianna Squilloni aborda o paso do tempo e a memoria, sen deixar de lado outros temas como a natureza ou a arte. Na súa composición narrativa resaltan os silencios, que convidan a reflexionar sobre a viaxe vital da protagonista.
As ilustracións de Raquel Catalina destacan pola diversidade de enfoques, perspectivas e a secuencia de imaxes, e nelas apréciase un uso contido da paleta cromática, en contraste co tratamento do branco e negro.
Detalles del libro
- Editorial
- Kalandraka Editora
- Colección
- Premio Compostela
- Formato
- Tapa dura
- Páginas
- 42
- Año
- 2025
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788413434148
Sobre Arianna Squilloni
Nada en Milán e establecida en Barcelona, dirixe a editorial A Buen Paso dende a súa fundación en 2008. Tras estudar Teoría do Pensamento e Filoloxía Clásica, dende hai máis de dúas décadas enfocou a súa
traxectoria profesional á edición. É autora de varios álbums ilustrados, novelas e ensaios. Compaxina a súa faceta literaria con colaboracións en revistas especializadas de literatura. Tamén realiza talleres e cursos en escolas e mestrados universitarios, ademais de participar en congresos nacionais e internacionais.
¿Qué libro buscas?
