A xogar!
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Un orixinal libro-xogo que porá a proba a agudeza visual dos máis pequenos.
Era un día despexado, ideal para xogar no bosque. Por iso, o oso, o esquío, o moucho, o lobo, o coello, a serpe, o paxaro, o xabaril, o lagarto e mais o ourizo corren entre as árbores mentres se escoita unha voz que brama: un, dous, tres, catro...
Tras o éxito de “Chuvisca”, Fernando Pérez Hernando regresa cun novo álbum, esta vez en formato acartonado, que anima a lectores e lectoras a seguir os protagonistas no seu divertido e veloz percorrido na natureza. O texto simple en letras maiúsculas (os números do un ao dez) conduce a historia ata un divertido e sorprendente final, que nos revela a que están a xogar.
Detalles del libro
- Editorial
- Kalandraka Editora
- Colección
- Acartonados
- Formato
- Libro de cartón
- Páginas
- 26
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788413434575
¿Qué libro buscas?
