Cartas desde a terra
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Desterrado por criticar a obra do Creador, Satán pasa un día celestial na Terra comprobando como evoluciona o experimento da raza humana. Ilustración de cuberta de MARC TAEGER
“Cartas desde a Terra” é unha das obras de Mark Twain publicadas moito despois da morte do autor, exactamente en 1962, máis de cincuenta anos despois do pasamento do escritor. O crítico e historiador Bernard de Voto editou os textos en 1939 e deulles forma de libro, pero a filla de Mark Twain, Clara Clemens, prohibiu durante varias décadas a publicación da obra, quizais por considerala demasiado crítica co cristianismo.
Deus condena a Satán a pasar un día celestial na Terra por mor duns comentarios irónicos sobre a súa obra que o arcanxo espallou entre os seus compañeiros. Ao chegar a este planeta, Satán deseguida comeza a escribirlles cartas aos seus amigos Gabriel e Miguel, nas que lles comenta os avatares da humanidade, as súas crenzas e a súa relación co Creador.
Cun estilo ameno, directo e irónico, Mark Twain mostra as contradicións do home perante o feito relixioso e cuestiona ata a mesmísima figura da Divindade.
Detalles del libro
- Editorial
- Faktoría K de Libros
- Colección
- Narrativa K
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 80
- Año
- 2011
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788415250265
¿Qué libro buscas?
