Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Ocultos. Animais extraordinarios

Ocultos. Animais extraordinarios

Xulio Gutiérrez

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa dura Editorial Faktoría K de Libros 32 páginas Año 2012
17,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas.

Na natureza todo está en cambio perpetuo. As especies evolucionan mediante a selección natural para adaptarse ao ecosistema no que viven. Pero antes ou despois, o ecosistema tamén cambia e, como consecuencia, algunhas especies -antes moi ben adaptadas- son incapaces de sobrevivir no novo ambiente e acaban extinguíndose.

Mentres, outras máis versátiles ocupan o seu lugar e comezan outra etapa de adaptación ás novas condicións. Nos ecosistemas máis intrincados, como selvas e arrecifes de coral, proliferan animais capaces de ocultarse no contorno. A evolución destas especies favoreceu a produción de adaptacións que lles permiten pasar desapercibidas.

Despois de “Bocas”, “Nacer” e “Construtores”, “Ocultos” céntrase -coas súas soberbias ilustracións- nalgúns dos máis espectaculares exemplos de camuflaxe e mimetismo. En próximas entregas da colección ‘Animais extraordinarios’ amosaranse as viaxes máis longas e os sentidos máis agudos.

Detalles del libro
Editorial
Faktoría K de Libros
Colección
Animais Extraordinarios
Formato
Tapa dura
Páginas
32
Año
2012
Idioma
Gallego
ISBN
9788415250418
¿Alguna duda? Contáctanos