Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
PALABRAS PARA O NOSO TEMPO

Palabras para o noso tempo

Xesús Alonso Montero

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Alvarellos Editora 356 páginas Año 2024
23,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Este volume é quizais unha das obras máis singulares da vizosa produción literaria de Xesús Alonso Montero. Palabras para o noso tempo reúne unha mínima pero brillante selección dos seus discursos, mantendo na transcrición do texto o espírito fiel da súa oratoria orixinal.

Un traballo que partiu de moitas horas de gravación e transcrición a cargo de Carmen Blanco Ramos, e do coidado da edición de Olivia Rodríguez González. O autor afirma ter pronunciado, ao longo da súa dilatada vida, máis de 5.000 discursos ante públicos ben diferentes. Aquí presentamos quince destacadas intervencións públicas.

Por elas van pasando nomes inesquecibles da nosa historia e das nosas Letras como Rosalía de Castro, Isaac Díaz Pardo, Emilia Pardo Bazán,

Francisco Fernández del Riego, Borobó, Ramón Piñeiro ou Xosé Neira Vilas. E tamén, como non, o exilio, o antifranquismo, a defensa das clases populares

e a historia do comunismo europeo. Como afirma a profesora Olivia Rodríguez no seu

limiar, «esta obra é unha revalorización do pensamento creativo da palabra e da súa conexión co pensar, sentir e imaxinar (...). O principal obxectivo da súa oratoria é a transmisión de coñecemento para combater o silencio e o esquecemento, impostos no pasado e banalizados no presente».

Detalles del libro
Editorial
Alvarellos Editora
Colección
Oeste [divulgación&ensaio]
Formato
Tapa blanda
Páginas
356
Año
2024
Idioma
Gallego
ISBN
9788418567599
¿Alguna duda? Contáctanos