Animais noxentos
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
Un libro noxento e fascinante a partes iguais, un catálogo de seres sorprendentes con estratexias de protección e defensa do máis peculiares.
Non o vas crer! Sabes que hai animais que comen a súa propia caca? E que outros disparan veleno dende o cu ou usan o seu propio moco como mecanismo de defensa? Benvido a un mundo «noxento»! Pero ademais de facer cousas que poden dar moito noxo, estes animais tamén poden ser fermosos, teñen estratexias abraiantes, sobreviven en lugares inhóspitos, aprenden doutros e son exemplos vivos da marabillosa Natureza.
En realidade, só teñen mala fama e conseguiron, grazas á evolución, sistemas de defensa, cortexo ou alimentación que van sorprender.
As ilustracións de trazo fresco e rápido de Mercè Galí acentúan o humor escatolóxico inherente aos textos rigorosos do biólogo José Ramón Alonso neste álbum que mostra algúns dos aspectos máis descoñecidos e fascinantes do reino animal e que, de certo, manterán as lectoras e os lectores pegados ao libro de principio a fin.
Detalles del libro
- Editorial
- Faktoría K de Libros
- Colección
- Coñecemento
- Formato
- Tapa dura
- Páginas
- 36
- Año
- 2026
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788419213679
¿Qué libro buscas?
