Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Álxebra linear. Historia, teoría e práctica

Álxebra linear. Historia, teoría e práctica

Ramón González Rodríguez

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo 223 páginas Año 2021
10,00 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

É ben coñecido que a álxebra linear é unha materia que aparece nas memorias da maior parte dos graos de contido científico-técnico. Tendo en conta isto, esta obra está pensada para que o lector interesado poda afondar no seu estudo tendo a man unha exposición rigorosa da teoría, unha boa serie de exemplos ilustrativos e unha ampla colección de problemas para practicar e afirmar o estudado.

Partindo dunha breve introdución histórica, no segundo capítulo resúmense as propiedades básicas dos números reais e complexos. A continuación, no terceiro capítulo, defínense as nocións de matriz e rango que permitirán abordar no capítulo cuarto o estudo dos sistemas de ecuacións lineares.

O quinto capítulo está adicado aos espazos vectoriais e ás aplicacións lineares deixando clara a íntima relación existente entre este tipo de aplicacións e as matrices. No sexto capítulo estúdase o problema de diagonalización, é dicir, saber cando unha matriz cadrada é semellante a unha matriz diagonal. O capítulo sétimo está adicado ás formas bilineares e aos espazos vectoriais con produto escalar.

Nel introdúcese a noción de ortogonalidade e finalízase examinando certas propiedades das matrices simétricas con coeficientes reais. Este tipo de matrices xunto coa diagonalización ortogonal utilízanse no capítulo oitavo para clasificar as formas cuadráticas reais.

Finalmente, o último capítulo da obra adícase a expor a teoría de descomposición en valores singulares, á construción da pseudoinversa dunha matriz e a súa aplicación á resolución de problemas de mínimos cadrados.

Detalles del libro
Editorial
Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Colección
Manuais. Serie de manuais didácticos. 79
Formato
Tapa blanda
Páginas
223
Año
2021
Idioma
Gallego
ISBN
9788481589191
¿Alguna duda? Contáctanos