Caer abrindo círculos pechados. Homenaxe á profesora Amparo Solla
Ana Acuña Trabazo; Xosé Henrique Costas González; Rexina Rodríguez Vega
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
As compañeiras e compañeiros de Amparo Solla ao longo de moitos anos de convivencia en aulas, departamento, facultade e vida, quixémoslle render unha sentida e emotiva homenaxe a unha persoa que foi exemplo de docente entregada ao alumnado e compañeira alegre e fraterna.
Ademais das colaboracións de profesorado do noso Departamento de Filoloxía Galega e Latina dos tres campus, este volume complétase coa achega de exalumnos e compañeiros doutros departamentos para lle tributarmos unha merecida homenaxe e un cariño a unha gran compañeira, docente de Lingua e Literatura Galegas do campus das Lagoas, nos altos de Marcosende, en Vigo.
Ábrese este volume cunha nota íntima e biográfica, seguida de 14 variados estudos sobre literatura, onomástica, conto popular, pedagoxía, tradución, retórica, teatro, fraseoloxía que recoñecen e agradecen deste xeito o labor de Amparo Solla, tal e como se mostra no cabezallo de moitos dos textos.
Son contribucións guiadas polo recoñecemento e o agradecemento a quen durante moitos anos compartillou a nosa angueira de re-prestixiar e normalizar a nosa lingua e o noso sistema literario desde as aulas universitarias de Vigo, desde unha docencia exercida con cariño e entrega ao alumnado e un compañeirismo sempre cheo de empatía e alegría. Beizón sempre, Amparo Solla González.
Detalles del libro
- Editorial
- Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
- Colección
- Homenaxes 13
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 326
- Año
- 2022
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788481589337
¿Qué libro buscas?
