Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
As guerras.. Entre a retórica e a violencia

As guerras.. Entre a retórica e a violencia

José Carlos Bermejo Barrera

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Laiovento, S.L. 204 páginas Año 2025
19,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun “modelo occidental” da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.

Este libro analiza como se “racionaliza” a guerra, defendendo a existencia

dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.

A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.

A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un

incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha “guerra hixiénica”, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.

Neste libro analízase a “guerra vivida”, non só a pensada, na perspectiva

que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía

que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Laiovento, S.L.
Colección
Ensaio 462
Formato
Tapa blanda
Páginas
204
Año
2025
Idioma
Gallego
ISBN
9788484877271
¿Alguna duda? Contáctanos