Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Atlas arqueolóxico da paisaxe galega

Atlas arqueolóxico da paisaxe galega

Felipe Criado Boado; César Parcero Oubiña; Carlos Otero Vilariño; Elena Cabrejas Domínguez; Anxo Rodríguez Paz

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 336 páginas Año 2016
47,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.

Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.

O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes- nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.

A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.

Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - HISTORIA E XEOGRAFÍA
Formato
Tapa blanda
Páginas
336
Año
2016
Idioma
Gallego
ISBN
9788491210481
¿Alguna duda? Contáctanos