Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Nova Nursia

Nova Nursia

Héctor Cajaraville

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 344 páginas Año 2018
21,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura.

Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos.

No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto.

"Nova Nursia" é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
344
Año
2018
Idioma
Gallego
ISBN
9788491213796
¿Alguna duda? Contáctanos