Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)

Os pioneiros da banda deseñada galega (1971-1979)

Xulio Carballo

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 344 páginas Año 2019
27,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada.

Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro.

Deste grupo xorden as primeiras exposicións por toda Galiza, que acadan unha gran repercusión e mesmo chegan a ser atacadas por grupos franquistas. Porén, a banda deseñada galega non tardará en entrar nos quioscos con revistas históricas como «Vagalume», cunha nómina crecente de autores e personaxes consagrados na prensa como Gaspariño ou Sabeliña.

Nesta obra, Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada. Galega e en galego, auténtica, experimental e vangardista, memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - ESTUDOS LITERARIOS
Formato
Tapa blanda
Páginas
344
Año
2019
Idioma
Gallego
ISBN
9788491214670
¿Alguna duda? Contáctanos