Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)

Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)

José Manuel Vázquez Lijó

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa dura Editorial Edicións Xerais 256 páginas Año 2019
39,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia. Este colectivo logrou manter o dereito a redar cos aparellos que desde antigo viñan empregando para aproveitarse do «pasto común» da ría.

A falta dun depósito de sal e de embarcacións de cabotaxe, e os atrancos postos polas autoridades xurisdiccionais ao comercio da súa produción pesqueira, explican a especialización dos sonenses na captura de pixotas e a consolidación dun nutrido grupo de arrieiros de peixe seco.

No século XVIII os sonenses, agremiados e donos de seu, cun espazo vital e devocional (a capela de Atalaia) ben diferenciado do frecuentado polos labradores das aldeas de Noal, tamén foron quen de acadar da Coroa un alfolín e unha feira mensual que activou o comercio na localidade.

Os xeiteiros e volanteiros do Son resistiron a expansión das xávegas, introducidas polos fomentadores, mentres na súa ribeira se localizou unha efémera empresa de curación de peixes para competir co bacallau estranxeiro.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS
Formato
Tapa dura
Páginas
256
Año
2019
Idioma
Gallego
ISBN
9788491216230
¿Alguna duda? Contáctanos