Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
A realidade

A realidade

Manuel Darriba

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 136 páginas Año 2021
19,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Ganzúa, escritor fracasado e vagabundo existencial, cruza a cidade nocturna nas últimas horas do mundo. A guerra de clases e a catástrofe climática empurran o planeta ao cataclismo final. Ganzúa pouco sabe e nada espera. Renunciou a desvelar o único misterio que lle importaba: como escribir literatura.

A historia transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras. Coa súa narrativa innovadora, Manuel Darriba compón en «A realidade» unha sinfonía en aparencia demencial, pero con todos os parágrafos medidos para que digan o que o autor quixo dicir.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Formato
Tapa blanda
Páginas
136
Año
2021
Idioma
Gallego
ISBN
9788491218012
Sobre Manuel Darriba

Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista, dirixiu revistas técnicas e dende 2011 dedícase á escritura creativa. Recibiu premios como o González Garcés de poesía, o Lueiro Rey de novela curta ou o Fernández del Riego de xornalismo literario, entre outros. Escribe guións para programas e series de televisión («Land Róber», «Malo será!», «O Faro», «Serramoura»...).

Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil «Paf Xarope», á que seguiron títulos como «Velada do billarista» (2001), «Accidental» (2003), «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), os tres publicados tamén en castelán, o libro de relatos «Elefante» (Xerais, 2018), «A realidade» (Xerais, 2021) e «A identidade» (Xerais, 2026).

Coa súa incursión na narrativa infantil («Brais e os demais», 2010) foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios «Calor» (1997), «Vostede non sabe con quen está a falar» (Premio Espiral Maior 2004) e «Os indios deixaron os verdes prados» (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica política «AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda» (2013).

Sobre «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog «Novenoites»); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos.

Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, «El Mundo»); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, «La Voz de Galicia»); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, "El Progreso").

Sobre «Elefante» comentouse que está «no ronsel do mellor Borges (...), nos ecos do Carver máis inquedante» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»).

(F

Lo que dice la prensa
«A realidade» transcorre baixo o ruído e a furia, sen respecto pola narración convencional nin fronteiras entre xéneros. Da comedia negra ao panfleto político, do relato sentimental á novela de aventuras.
¿Alguna duda? Contáctanos