Intempériome
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
«Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte.
A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial».
Esta edición contén un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompañada dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu.
Detalles del libro
- Editorial
- Edicións Xerais
- Colección
- EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
- Formato
- Tapa blanda
- Páginas
- 64
- Año
- 2021
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788491219774
¿Qué libro buscas?
