Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Dicionario da nova literatura galega. 86 voces responden un inquérito, 1969

Dicionario da nova literatura galega. 86 voces responden un inquérito, 1969

Xesús Alonso Montero; Ramón Nicolás

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 258 páginas Año 2021
19,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936.

Velaquí hoxe, máis de cincuenta anos despois, aquel proxecto en forma de libro. Oitenta e seis persoas responderon aquelas preguntas ideadas por Alonso Montero que permiten coñecer multitude de datos biográficos e, ao tempo, deseñan as preocupacións e expectativas dun tempo moi concreto da nosa historia literaria e cultural.

Este singular dicionario, en edición de Ramón Nicolás, posibilita preguntarse que cambiou na cultura galega nestes últimos cincuenta anos e engade, ademais, unha rica e valiosa documentación bibliográfica e epistolar, alén doutros documentos de inequívoco interese para reconstruír percorridos biográficos e literarios concretos mais tamén desvela as claves dun tempo que se proxecta nos nosos días.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA
Formato
Tapa blanda
Páginas
258
Año
2021
Idioma
Gallego
ISBN
9788491219781
¿Alguna duda? Contáctanos