Bocas. Animais extraordinarios
☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía
Sinopsis
En cada ecosistema miles de animais loitan pola súa vida segundo a dura lei da selección natural: "comer e non ser comido"...
Estamos ante un libro moi instructivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual. Comeza situando o lector ante os diversos grupos do reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sul, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece de cada un deles un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na forma de obter o alimento.
Trátase dunha obra recomendada non só para o eido escolar, senón para todos os lectores interesados no medio ambiente. Dende a superlingua do oso formigueiro, ata os dentes coma coitelos da piraña, pasando pola anatomía imposible do ornitorrinco ou o aspecto primitivo da lamprea, este libro abriranos as portas ao fascinante mundo dos animais. A serie Animais Extraordinarios contén tamén “Nacer” e “Construtores”.
Detalles del libro
- Editorial
- Faktoría K de Libros
- Colección
- Ciencia-Animais extraordinarios
- Formato
- Tapa dura
- Páginas
- 40
- Año
- 2008
- Idioma
- Gallego
- ISBN
- 9788496957275
¿Qué libro buscas?
