Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)

Xesús Alonso Montero

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 560 páginas Año 2009
28,95 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte. É o momento en que algúns deciden despedirse, por escrito, dos seus: dos pais, dos irmáns, da muller, da noiva, dos amigos... Nalgúns casos, especialmente entre comunistas, do Partido.

Ningún xénero literario expresa con máis emoción o drama da Guerra Civil (e das súas consecuencias) que este tipo de cartas escritas polos republicanos nun momento en que toda esperanza estaba perdida. Hai, ademais, despedidas que son especialmente conmovedoras, e outras, dun certo nivel literario, e todas, e cada unha, un documento histórico que nos fai deplorar as que xa se perderon para sempre e as que, por torpeza ou incuria nosa, aínda non foron exhumadas.

Un libro clave no proceso de construción da memoria republicana de Galicia que, ademais, constitúe o primeiro corpus epistolar deste xénero, territorio e período que se publica.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Formato
Tapa blanda
Páginas
560
Año
2009
Idioma
Gallego
ISBN
9788499140001
¿Alguna duda? Contáctanos