Saltar al contenido
608 42 68 87 hola@bellatinta.es Lunes a viernes de 17:30 h a 20:30 h
Un rato díxolle á lúa. Antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro

Un rato díxolle á lúa. Antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro

☆☆☆☆☆ Sin opiniones todavía

Tapa blanda Editorial Edicións Xerais 152 páginas Año 2013
20,50 € IVA incluido

Disponible

Consúltanos cómo conseguirlo.

Compra online muy pronto Consultar por WhatsApp
Compartir
Sinopsis

Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil.

Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, «divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras». Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.

«Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes», estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.

Detalles del libro
Editorial
Edicións Xerais
Colección
INFANTIL E XUVENIL - CAMALEÓN
Formato
Tapa blanda
Páginas
152
Año
2013
Idioma
Gallego
ISBN
9788499145051
¿Alguna duda? Contáctanos